Os traxes para retirar a vespa velutina chegan a Vimianzo

Vimianzo vén de asinar un convenio coa conselleria do Medio Rural para loitar contra a vespa velutina Vimianzo súmase á rede de municipios da bisbarra que loitan contra a vespa velutina a través dun convenio de colaboración coa consellería de Medio Rural da Xunta. Desta forma, o concello vimiancés vén de recibir dous traxes deseñados especificamente para retirar os niños deste insecto. O número de niños retirados polos operarios do concello de Vimianzo e a súa situación serán introducidos nunha plataforma informática da Xunta de Galicia que permitirá obter datos estatísticos sobre a presenza da avespa velutina en todo o territorio. A participación de operarios municipais na retirada dos niños dotará ao operativo, por unha banda, dunha maior axilidade xa que o persoal que retire os niños non terá que desprazarse dende outros lugares, e por outra ofrecerá un trato e asesoramento personalizado ás persoas afectadas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).