Os traxes para retirar a vespa velutina chegan a Vimianzo
08:10 02/07/16
Vimianzo vén de asinar un convenio coa conselleria do Medio Rural para loitar contra a vespa velutina
Vimianzo súmase á rede de municipios da bisbarra que loitan contra a vespa velutina a través dun convenio de colaboración coa consellería de Medio Rural da Xunta. Desta forma, o concello vimiancés vén de recibir dous traxes deseñados especificamente para retirar os niños deste insecto.
O número de niños retirados polos operarios do concello de Vimianzo e a súa situación serán introducidos nunha plataforma informática da Xunta de Galicia que permitirá obter datos estatísticos sobre a presenza da avespa velutina en todo o territorio.
A participación de operarios municipais na retirada dos niños dotará ao operativo, por unha banda, dunha maior axilidade xa que o persoal que retire os niños non terá que desprazarse dende outros lugares, e por outra ofrecerá un trato e asesoramento personalizado ás persoas afectadas.
Novas relacionadas
- Santa Comba pon o traxe para loitar contra a vespa velutina
- Chegan os traxes para a loita contra a vespa velutina
- 18-04-2016: Aprendendo a facer trampas á avespa velutina
- 15-10-15: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- 31-08-15: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Galicia Confidencial: Alertan sobre os riscos da avespa autóctona galega por mor da asiática.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).