Recunchos da Costa: O Castro de Barreiras
07 de setembro de 2013 (15:00 h.)
Ata cun Programa de Difusión Social conta o Castro das Barreiras. En Vimianzo convertiuse nestes últimos anos nunha desas xoias patrimoniais difíciles de manter vivas. Polo de pronto, cada ano métenlle un corte de pelo que polo menos o acondiciona para as visitas, ao tempo que propoñen sesións de achegamento para que os máis pequenos poidan valorar o noso patromonio cultural.