Martes. 16.04.2024
El tiempo

En marcha o Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras

En marcha o Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras

O mellor xeiro de aproveitar o patrimonio é difundilo. Para iso, o departamento de Cultura do Concello de Vimianzo dá comezo hoxe o Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras, un programa que servirá para que os veciños e veciñas de Vimianzo coñezan a impotancia deste xacemento castrexo.

Os primeiros que van ter a oportunidade de visitar o Castro, da man do arqueólogo Ángel Concheiro, serán os 74 alumnos e alumnas do CEIP de Baíñas. A xornada divulgativa comezará arredor das 11:15 da mañá na Casa da Cultura, onde os nenos e nenas serán recibidos polo alcalde de Vimianzo e polo arqueólogo.
Tito Concheiro daralle unnha breve charla explicativa para que logo poidan aplicar os coñecementos na visita ao xacemento que realizarán a continuación.

Na vindeira semana continuarase con este programa e está previsto que se acheguen ao Castro os alumnos do IES Terra de Soneira e do CEIP San Vicenzo de Vimianzo.

E esperemos que os centros educativos de toda a bisbarra se unan a estas fantásticas sesións divulgativas.

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas arquoelóxicas

Que pasou na Costa, con Víctor Castiñeira

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios