Rexeitados os orzamentos do Concello de Vimianzo

Esta mañá de martes 18 de outubro de 2011 celebrábas eun pleno importante no Concello de Vimianzo. Un pleno no que o grupo de Goberno presentaba os orzamentos deste 2011, e que finalmente foron rexeitados tralos votos en contra de todos os grupos da oposición, incluidos os do PSOE. Concretamente votaron en contra 3 edís do PSOE, 3 de IxV e 2 do PP, porque a Borbujo non acodiu ao pleno por motivos persoais

Ademais de consideralos "apresurados", a oposición criticou un par de puntos que veñen saíndo na prensa nestes primeiros meses de lexislatura, como é a contratación da secretaria da alcaldía. Os recortes en servizos sociais ou a subida de soldos para uns traballadores e para outros non foron outras das causas do voto en contra do PSOE.
Pero a cuestión máis importante que prantexa o compañeiro no goberno vimiancés para rexeitar os orzamentos é que o BNG non cumpriu co pacto de goberno. O edil socialista Roque destaca que "non se consensuaron con nós cando pactamos con eles que os orzamentos serían feitos nun 60-40%".

Para o alcalde foi "sorprendente que os Independientes voten en contra do crédito para a Casa da Cultura nin que co que PSOE se sumase á oposición dunha maneira tan rotunda, cando podían ter falado con nós durante estes días".

O alcalde Manuel Antelo remataba a sesión anunciando que este mesmo venres 21, ás 21:00h, vai presentar unha Cuestión de Confianza sobre os orzamentos. Deste xeito, volveranse votar e se saen novos apoios os orzamentos serán aprobados; pero se a votación volve saír en contra, a oposición tería que presentar unha moción de censura no prazo de un mes, e de non facelo, os orzamentos serán aprobados automaticamente. Unha moción de censura que non se ve tan decabellada dende os arredors do Concello vimiancés.

Lamentan dende o PSOE que "de aquí ao venres o presuposto non se pode modificar, pero se queren falar, falaremos". De todos modos, dende o PSOE indican que "en concellos da zona estamos a ter os mesmos problemas co BNG, que vai ao seu, como en Carnota ou Corcubión".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Radio Nordés-Cadena Ser.