Xoves. 28.03.2024
El tiempo

IxVimianzo denuncia que Antelo comeza “enchufando” á número 5 da súa lista

IxVimianzo denuncia que Antelo comeza “enchufando” á número 5 da súa lista

O grupo de Independientes por Vimianzo, vén de enviar o primeiro comunicado dende a oposición. Comunicado no que denuncia un "escándalo político", unha vez que o novo alcalde abre a súa lexislatura con prácticas sempre denunciadas polo seu partido. A contratación dunha "secretaria persoal", unido ao seu "soldo de alcalde" e á "non renuncia do seu soldo na TVG" son os primeiros pasos que Antelo dá no poder.

Denuncian dende IxVim que a contratación da número 5 da súa lista chega "ante a negativa de todos os grupos de contratar a unha asesora", e sinalan que "Antelo optou por facelo de forma indirecta por medio dunha empresa". "Empregou o procedemento negociado sen públiciade, impedindo que se poidese presentar calquera persoa cualificada, persoal liberal, o límite do contrato era de 18.000€, a empresa adxudicataria ofertou 19.700 euros", denuncian dende a oposición.

Ademais, segundo IxVim "a empresa que saiu adxudicataria do contrato, non é do sector dos servizos administrativos, presta servizo sociais, “é como si chamas a un cociñeiro para encofrar”, pero esixiremos as responsabilidades correspondentes, non pode rirse de todo o pobo", sinalan.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de IxVimianzo.

Comentarios