O sábado de Entroido, en Vimianzo

Se o martes é a cita de Fisterra, e o domingo a de Dumbría, a cita principal do sábado de Entroido na comarca é o de Vimianzo. A capital irmandiña gozará do entroido o vindeiro 14 de febreiro con máis de 3.000 euros en premios

As inscricións poderán realizarse ata o 12 de febreiro ás 23:59 horas na sede electrónica municipal ou no Rexistro da Casa do Concello. 

O pasarrúas comezará ás 16:3o horas e media hora antes, ás 16:00 horas, establécese o tempo de quedada na praza do Concello. Ás 17:30 horas haberá concurso de disfraces e ás 20:00 horas a sesión de baile con Pablo Reboleiro e Marta Alonso. 
Unha hora máis tarde, ás 21:00 horas, a entrega de premios. 

 

Máis novas