luns. 17.03.2025
El tiempo

O Circo do Sol da Fin da Terra e canteira de retranca, protagonistas deste Entroido de Concursos

Entroido Bainas 2025-Os da Charca campions
Os da Charca celebrando o primeiro premio do Concurso de Comparsas de Baíñas
O Circo do Sol da Fin da Terra e canteira de retranca, protagonistas deste Entroido de Concursos

Alá foi un Entroido máis da Costa da Morte. Un Entroido no que, ademais fermosos exemplos de recuperación tradicional como os que vivimos en Valenza do Bergantiños ou en San Xoán de Grixoa, segue marcado polos Concursos. Eses certames de pavillón, algo encorsetados e longos, pero nos que se poden ver auténticas demostracións de artesanía con disfraces espectaculares, e coreografías máis traballadas que nos musicais da gran vía.

É certo que a posta en escena está gañando nos últimos anos terreos á retranca, pero así e todo ver comparsas de 60 persoas bailando de forma entregada temazos das Fillas de Cassandra (este ano as Tanxu e as Fillas conseguir o romper a ditadura do reguetón e colar algo de tradi nas representacións) e unha auténtica pasada.

Un Entroido marcado ademais nesta fase dos Enterros e os certames tardíos, marcados polo 8M, e como se demostrou en Baíñas, o Entroido ten o sustento nas mulleres da Costa da Morte.

Entroido Bainas 2025-Igualdade
A comitiva municipal de Vimianzo ía disfrazada de 8M

Baíñas, punto e final “internacional”

A ruta de certames tiveron o seu peche no nocturno Concurso de Baíñas. Antes foron alá as principais citas do sur da Costa da Morte: o sábado pasado en Vimianzo, o domingo en Dumbría, o martes en Fisterra, e o sábado primeiro en Cee e despois en Baíñas.

A cita de Baíñas, con bos premios, parece consolidada como proba oficial do peche do Entroido e se convirte en punto e final para numerosas comparsas e grupos chegados de todas partes da provincia. Este ano, ata Baíñas (co día que fixo) achegáronse xentes de Carantoña, Ponte do Porto, Camariñas, Fisterra, A Laracha, A Baña, Vimianzo, Cee, Meicende e ata Vilagarcía de Arousa.

Algo estará facendo ben a Comisión de Festas de Baíñas, entre outras cousas, ofrece as filloas á pedra de Zas, un auténtico produto de luxo.

Entroido Bainas 2025-Filloas a pedra de Zas
As Filloas a pedra de Zas triunfaron en Baíñas

Os da Charca, os grandes triunfadores deste 2025

Entroido Bainas 2025-Os da Charca 4
Os da Charca en Baíñas

Pero os grandes triunfadores desta ruta de concursos foron “Os da Charca”. A comparsa de Fisterra puxo en Baíñas o colofón a unha serie incrible, con 3 primeiros e 1 segundo premio, un compartido. O martes pasado vencían o seu terceiro Entroido de Fisterra consecutivo, o domingo acadaban o segundo premio en Dumbría (venceron os Trotamúsicos), e o sábado, gañaban en Cee (cando se deu o premio toda a comitiva xa estaba no pavillón de Baíñas, onde o triunfou soou como un gol do Deportivo) e despois tamén o facían en Baíñas.

O mérito ademais da comparsa comandada por Javi Trillo, Iría Lestón e Gabriel Papín é que teñen cambiado a forma de participar, incluíndo, á retranca, ao baile e á espectacular preparación dos disfraces, un rollo circense digno de admirar, rompendo ademais con moitos mitos e moitas barreiras na súa terra. O Circo do Sol da Fin da Terra é ademais unha verdadeira canteira de retranca.

Entroido Bainas 2025-Os da Charca 2
A máquina do tempo dOs da Charca

Unha boa festa de fin de entroido

Entroido de Bainas-Xesus de Estrella
Non faltaron grandes clásicos deste entroido en Baíñas

Polo resto, o Entroido de Baíñas foi estupendo. Íker Muíño DJ Chicho dirixiron un certame longo, que repartiu 2.870 euros en premios. Cómpre facer varias mencións especiais: A Gael Lago que fixo dunha festeira Frida Kahlo, e Ainara Rod, que se puxeron a bailar con todo o descaro dos artistas de berce.

Gran preparación dos disfraces de parellas dos cafezudos africanos e as criaturas fermosas da dama e cabaleiro medieval feitos con papel de xornal, e os pequenos mariñeiros do Titanic. Na categoría de dos Grupos, destacar aos Do futuro, de Ponte Disfraz, que levaron o primeiro premio por diante de Club Deportivo Fervello e Os avispados da Carantoña.

No competido certame de Comparsas, a AC Trubisquiña, que viña de vencer na súa terra, quedaron co seu posto por diante dos Enjominados de See, que fixeron de pistoleiros lanzando ademais arengas dende os máis pequenos e lembrando carencias locais como a falta da Policía Local.

Entroido Bainas 2025-Trubiquina Vimianzo
A Trubisquina

Máis novas

Comentarios