Sufocan o incendio nun alpendre en Castrelo
30 de maio de 2017 (04:02 h.)
Eran as 17:40h da tarde cando os Bombeiros de Cee recibían a alerta dun incendio nun alpendre en Roalo, Castrelo, Vimianzo. Era un galpón colindante coa vivenda pero afortunadamente non era o suficiente grande para afectar á mesma. Coa colaboración dunha pa excavadora retiraron a palla, puxéronse a refriar e conseguiron rematar o servizo ás 20:40h.
Fonte
- Bombeiros de Cee