sábado. 17.05.2025
El tiempo

Sufocan o incendio nun alpendre en Castrelo

Sufocan o incendio nun alpendre en Castrelo
Eran as 17:40h da tarde cando os Bombeiros de Cee recibían a alerta dun incendio nun alpendre en Roalo, Castrelo, Vimianzo. Era un galpón colindante coa vivenda pero afortunadamente non era o suficiente grande para afectar á mesma. Coa colaboración dunha pa excavadora retiraron a palla, puxéronse a refriar e conseguiron rematar o servizo ás 20:40h. Fonte
  • Bombeiros de Cee

Comentarios