O temporal destroza o carballo centenario e milagreiro de San fins de Cambeda
Día triste o de onte na parroquia de San Fins de Cambeda. Mentres por Lires vivían a chegada dunha manga mariña, un pouco máis no interior sufrían as consecuencia dun tornado. Dende a banda de Tines entraba con moi forza un fenómeno de ventos tempestuosos, que rompeu en dous o carballo centenario e milagreiro do campo da festa de San Fins de Cambeda, en Vimianzo.
Se ben non houbo danos persoas, os ventos provocaron danos nunha nave, en varios tellados e nun parque infantil.
A chegada de kirk
Todo, na previa da chegada de “Kirk”, o ciclón tropical que chega á nosa costa tras atravesar o Atlántico en forma de potente borrasca. Kirk manterá a boa parte do territorio galego en aviso por intensas precipitacións e fortes ventos no interior e a costa; unha situación que empeorará de face ao mércores.
Prevese a presenza de choivas de ata 80 litros por metro cadrado en 12 horas e refachos de entre 70 e 80 (e mesmo 120) quilómetros por hora que manterán en alerta laranxa no litoral coruñés.
Tamén haberá incidencia no mar, con ondas de 6 a 7 metros.