O furacán Kirk segue avanzando polo Atlántico, perdendo algo de forza, pero chegará entre martes e mércores á costa europea en forma de potente borrasca. Dende Meteogalicia aseguran que deixará ventos de máis de 100km/h e ondas de máis de 6 metros, pero por agora xa vai avisando.
Así o ratifican dende Lires. Esta tarde de luns 7 de outubro, os traballadores do Albergue As Eiras Costa da Morte albiscaron esta manga mariña, que entraba dende o mar pola praia de Nemiña e non freaba nin entrando en terra.
O meteorólogo Carlos Balseiro contábanos en 2016 que as mangas mariña, mangas de auga, tromba mariña, ou fumareu, "son trombas non menos voraces como os tornados", pero apuntan que adoitan desfacerse antes de entrar en terra. “Nacen dun embudo que contén un torbellino sobre q auga e a conecta cunha nube cumuliforme, alcanzando alturas de entre 450 e 900m. Debuxan traxectorias curvas que poden durar ata 15 minutos”.
Na comarca temos vivido este fenómeno noutras ocasións.