Os traballadores municipais de Vimianzo fórmanse en materia de igualdade

Os traballadores municipais do Concello de Vimianzo remataron o Curso Básico de Igualdade, no marco do IV Plan de Igualdade 2022-206 elaborado pola Administración local e destinado a persoal do propio Concello. 

Trátase dunha formación específica sobre o uso da linguaxe inclusiva entre o persoal municipal. Tamén para implementar as medidas tendentes á utilización dunha linguaxe e imaxes inclusivas e non discriminatorias, e promover a concienciación do persoal municipal para o uso dunha linguaxe e imaxes non sexistas. 
 

Todo Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades ten que axustarse á realidade do territorio no que se pretende intervir. O principal obxectivo do Plan de Igualdade do Concello de Vimianzo é promover cambios en prol da igualdade de oportunidades e á non violencia cara ás mulleres nun contexto patriarcal, machista e discriminatorio, mediante a  incorporación do principio de igualdade, transversalidade e da integración da perspectiva de xénero en cada actuación municipal.