Un multitudinario desfile para ir de viaxe
Tremenda a resposta das familias de Vimianzo á proposta dos alumnos do colexio público San Vicenzo de Vimianzo. Tratábase dun acto para recadar fondo para a excursión de fin de curso, e contou cun desfile e varias actuacións musicais que fixeron rebentar a aplaudir ao público que ateigada o Auditorio da Casa da Cultura.
Está poñéndose de moda esto dos desfiles na zona, e aos xa clásicos da Mostra do Encaixe e da Fía do Liño, xa podemos engadirlle o da SD Fisterra ou estas citas ocasionais como esta, na que tamén estivo presente a música.
En Vimianzo estivo o noso compañeiro Roberto Rúa ca cámara ó lombo e xa recibiu numerosas peticións para mercar as súas fotos en papel. De feito, cóntanos que parte da recadación da venta das mesmas, irá tamén para a viaxe de fin de curso dos rapaces!!
Novas relacionadas
- Vimianzo celebrou un completo Xantar para 1.200 maiores.
- 3 xeracións unidas polo liño.
- O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- A clase da SD Fisterra pasou a proba da pasarela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).