mércores. 30.04.2025
El tiempo

A clase da SD Fisterra pasou a proba da pasarela

Eddy Insua sobre a pasarela en 2013. Foto: Jorge Parri
A clase da SD Fisterra pasou a proba da pasarela
O corpazo de Eddy foi dos máis desexados no Desfile da SD Fisterra- -Foto- Jorge Parri

Arte teñen abonda. Iso xa o demostran cada ano no ácedo entroido. Pero clase tamén teñen os fisterráns de pura cepa. Así o demostraron, por segunda vez tralo rotundo éxito do ano pasado, sobre a pasarela do Pavillón Municipal, que se convertiu na Cibeles da Costa da Morte.

Sobre o pasillo das estrellas, comezaron os máis pequenos lucindo estilo, e pouco a pouco foron deixando paso ás grandes estrellas. E coma se de Cristianos Ronaldos ou Villas se tratase, os xogadores da SD foron pasaron a amosar eses cuerpazos, como os de Cartamil, Sheg ou Eddy entre outros, ademais de varias das mozas dos xogadores así como outras mozas e mozos da vila con gañas e desparpaxo.
Non é que non houbera nervios, ou momentos de pánico escénico. Pero aí é onde os fisterráns sacan a súa alegría vital para amosarse máis seguros e guapos que ninguén.

Todo, como iniciativa da SD Fisterra para recadar fondos para o clube, ao que añinda lle queda algo pois se case houbo medio millar de persoas a 3€ por cabeza, xa algo toca. E ademais esta simpática iniciativa serve para dinamizar o comercio local, permitindo que as tendas de roupa da zona luzan novos traxes á venta.

Foto de Familia da SD Fisterra no Desfile-Foto- Jorge Parri Houbo tempo para o humor-Foto- Jorge Parri As mozas tamén puxeron a súa clase no Desfile da SD Fisterra-Foto- Jorge Parri 3 Desfile SD Fisterra-Foto- Jorge Parri 1 Desfile SD Fisterra-Foto- Jorge Parri Que dicir da clas de Manuel Cartamil, un gentleman - Foto- Jorge Parri

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios