Un pequeno tremor sacode Carnés

Algo desconcertados despertaron hoxe os veciños da parroquia vimiancesa de Carnés debido a un pequeno movemento sísmico de 2,5 graos de magnitude na escala de Richter. Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional - IGN - o tremor aconteceu ás 06:59 horas cun epicentro a 11 quilómetros de profundidade. Non se rexistraron incidencias.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)