Un pequeno tremor sacode Carnés
15:44 24/01/17
Algo desconcertados despertaron hoxe os veciños da parroquia vimiancesa de Carnés debido a un pequeno movemento sísmico de 2,5 graos de magnitude na escala de Richter.
Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional - IGN - o tremor aconteceu ás 06:59 horas cun epicentro a 11 quilómetros de profundidade. Non se rexistraron incidencias.
Novas relacionadas
- 15-10-15: Un novo terremoto fai tremer Bergantiños
- 09-10-15: Un terremoto de 3,2 sacude a Costa da Morte.
- 27-12-15: A Costa da Morte tamén vibra con terremotos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])