Unha de Prefestas coa Cherinkas

Quencendo motores están xa por Vimianzo, co cartel festeiro que lles agarda a partir de mañá. Pois ben, hoxe teñen programadas, para ir abrindo boca as tradicionais Prefestas, que organiza a Asociación Xuvenil Cherinkas. Durante toda a esta semana organizaron xuntanzas de carácter gastronómico e xogos populares na praza Castelao. E hoxe chegan as Prefestas. As citas comezan ás 20:45, cunha comida para a que é necesario reservar no teléfono 620 596 459. No menú haberá churrasco, pementos de Padrón, panceta, chourizos criollos e cachelos. Logo será a quenda para facer a dixestión. Para elo, as actuacións musicais alongaranse ata altas horas da madrugada, con diversos xéneros e estilos. Comezará o Grupo de pandeiretas e gaitas Trubisquiña ás 21:00h. Ás 22:30h entrará en escena o monologuista Manuel Lago. E dende as 23:45h música sen pausa. Primeiro cos Mariachi Coruña-Mex, Logo dende as 01:00h co rockabilly dos Killer Cats, ás 02:15h con rumba dos Rumba Oeste, ás 03:30h co pop de Os Fugao’s, e xa para rematar, ás 04:00h porá o broche de ouro á xornada o Frikishow. Pero isto non fixo nada máis que comezar, xa que aínda queda toda a fin de semana de festa pola capital vimiancesa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).