Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Corcubión agarda polo Porco Celta

Corcubión agarda polo Porco Celta
Un ano máis, e xa van seis, Corcubión vaise converter o vindeiro sábado na capital mundial do Porco Celta. E todo grazas á Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte. Moita variedade haberá no programa deste ano. As citas comezarán a mediodía, pensando nos máis pequenos con inchables e xogos populares. As citas gastronómicas co Porco Celta centraranse no xantar e na cea, que están programados para as 13:30h e as 21:30h. As viandas serán exclusivamente a base de Porco Celta. Contarán con empanada, chourizos ao viño, paleta asada, táboas de embutidos ou carne á pedra. Durante a cea, actuará a Tuna de Veteráns de A Coruña. A festa completarase con postos de produtos típicos do noso país, como queixos, licores, ou embutidos elaborados a base de Porco Celta, que estarán atendidos por persoal especializado para informar aos visitantes sobre os produtos. Tamén andarán por alí porquiños celtas vivos. Haberá máis actividades para os nenos e as nenas. Ás 18:00 desenvolverase un Concurso de debuxo, e ás 19:00h contarán con títeres. O baile e a música galegos non faltarán coa actuación do Baile Nerio, entre outros, dende as 20:00h. Todas as citas desenvolveranse na praza de Castelao.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte



Comentarios