Vimianzo acada 35 doazóns por cada 1000 habitantes, unhas cifras próximas ás recomendadas pola OMS

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos - ADOS - vén de remitir a súa noraboa ao concello de Vimianzo polas cifras obtidas ao longo do 2016 en termos de doazón de sangue. Así, o municipio acadou 35 doazóns por cada 1000 habitantes; un dato moi próximo ao recomendado pola OMS que se sitúa en 40 doazóns por cada 1000 habitantes. Na comunicación a directora da ADOS agradecelles ao concello de Vimianzo a súa colaboración nas camapañas de difusión e á veciñanza de Vimianzo a súa solidariedade. Próximas citas O vindeiro luns, día 11 de setembro, a unidade móbil da ADOS estará na praza do Concello de Vimianzo en horario de mañá e de tarde e o vindeiro sábado 16 en Baíñas en horario de mañá.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo