Vimianzo acada 35 doazóns por cada 1000 habitantes, unhas cifras próximas ás recomendadas pola OMS
08:07 07/09/17
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos - ADOS - vén de remitir a súa noraboa ao concello de Vimianzo polas cifras obtidas ao longo do 2016 en termos de doazón de sangue. Así, o municipio acadou 35 doazóns por cada 1000 habitantes; un dato moi próximo ao recomendado pola OMS que se sitúa en 40 doazóns por cada 1000 habitantes.
Na comunicación a directora da ADOS agradecelles ao concello de Vimianzo a súa colaboración nas camapañas de difusión e á veciñanza de Vimianzo a súa solidariedade.
Próximas citas
O vindeiro luns, día 11 de setembro, a unidade móbil da ADOS estará na praza do Concello de Vimianzo en horario de mañá e de tarde e o vindeiro sábado 16 en Baíñas en horario de mañá.
Novas relacionadas
- Santa Comba colleitou 156 doazóns en 2 días
- O 15% dos carballeses son doantes de sangue.
- Carballo invita aos veciños e veciñas a doar sangue
- A campaña Fisterra Doa repunta o número de doazóns
- O alumnado do IES Fin do Camiño poñen en marcha o Fisterra Doa
- Un Maratón de Sangue consegue un 50% máis de doazóns en Fisterra
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo