Vimianzo aproveita o eclipse lunar para descubrir os segredos do Castelo

Ese turismo de experiencias do que tanto se fala nos últimos tempos, poderá vivirse esta noite esta noite aquí, na Costa da Morte. Concretamente no Castelo de Vimianzo. A luz vermella que transmitirá esta noite a lúa grazas ao eclipse da lúa máis longo do século, será a encargada cargar de maxia este momento especial. Coa compaña dos seres que habitan o castelo de noite, poderán verse dun xeito diferente os gravados dos canteiros, escudos e outras curiosidades que non se ven á luz do día e descoñecidas para o gran público. Será ás 22:30 horas e recoméndase reservar a través do teléfono 981 716 001 (ext 1235) ou no correo electrónico turismo@vimianzo.gal. Para o sábado está programada unha nova unha visita ás Barreiras, a gran fortificación da Idade do Ferro do Val de Vimianzo. Comeza ás 13:00 horas, o punto de encontro é a entrada do castro desde onde se visitará o seu foso, muralla e os restos achados na primeira fase da escavación arqueolóxica. Alén diso, continúan as visitas guiadas pola historia do castelo de Vimianzo (ás 12:00 e ás 19:00 horas) e ao conxunto etnográfico dos Batáns e Muíños do Mosquetín (ás 13:00 e ás 18:00 horas), coa posibilidade de ver un dos vellos muíños en funcionamento. Tamén destacan as visitas teatralizadas, coa peza teatral “A traizón” dos Quinquilláns, que se está a desenvolver todos os domingos con gran éxito de público (ás 13:00 e ás 17:00 horas). Todas elas forman parte do programa “Vimianzo Historia Viva”, enmarcado no Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Ponteceso Coincidindo co arranque da III feira Mariñeira Artesá de Corme, o concello de Ponteceso apagará o alumeado público da vila (ata as 02:00 horas do sábado) co fin de poder observr nas mellores condicións de escuridade posible o fenómeno coñecido popularmente como "lúa de sangue". Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo
  • Concello de Ponteceso