Vimianzo celebrará a Noite Mundial Starlight cunha actividade astronómica no miradoiro Furna do Sapo

NOITE STARLIGHT VIMIANZO

O Concello de Vimianzo celebrará a XVIII edición da Noite Mundial Starlight cunha actividade astronómica no miradoiro Furna do Sapo. A xornada, organizada en colaboración coa Fundación Starlight, terá lugar o vindeiro 20 de abril.

Baixo o lema ‘Observar o ceo é ler o universo’, este miradoiro ofrece á veciñanza e visitantes unha das panorámicas máis espectaculares da ría de Camariñas. A sensación de estar sobrevoando a auga fai deste espazo o lugar ideal para unha noite de observación solar e astronómica.

O evento desenvolverase de 20:30 a 23.00 horas e é necesario realizar inscrición previa a través deste formulario.

Máis novas