Vimianzo comeza a renovación dos 4.000 puntos de luz que hai nos seus 133 lugares

O Delegado do Goberno visitou Vimianzo

Arrincaron as obras de substitución do alumeado exterior do Concello de Vimianzo. Un deses importantes proxectos realizados para reducir a contaminación e facilitar o aforro enerxético municipal que se veñen desenvolvendo por toda a bisbarra, subvencionados polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), da man do Ministerio de Transición Ecolóxica. No caso vimiancés son máis de 2,3 millóns de euros, dos que o Concello terá que aportar case medio millón.

O Concello aforrará máis do 50% na facturación deste servizo co cambio de tecnoloxía LED nas case 4.000 puntos de luz que hai nos 133 lugares vimianceses. Pero máis importante é a redución impacto ambiental, xa que as novas bombillas empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras.