Vimianzo degústase por Primavera

Necesita un tempo de parada o Concello de Vimianzo para degustarse. E o vai facer esta mesma tarde de xoves 1 de maio, coa inauguración do Muíño da Agra e a presentación da Primavera Gastronómica.

A cita será como dicimos ás 19:00h e consistirá nunha degustación dos pratos que se servirán nos menús das Xornadas Gastronómicas de Primavera.

Unhas Xornadas que continúan a liña gastronómica na que se afianza os establecimentos do Concello vimiancés. Ademais de degustar os pratos, degustarán os últimos éxitos como o premio Afiprodel á iniciativa “Vimianzo. Do mar á terra”, ou a recente presencia no Forum Gastronómico.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).