Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Forum Gastronómico coñeceu a arqueogastronomía vimiancesa

O Forum Gastronómico coñeceu a arqueogastronomía vimiancesa
Hostaleiros de Vimianzo no Forum Gastronomico

A hostalaría de Vimianzo dáse a coñecer no "Fórum gastronómico da Coruña" da man do proxecto Do mar á terra", unha iniciativa nacida da colaboración de hostaleiros e goberno municipal financiado polo GAC 3 Costa da Morte. Á par de cociñeiros do prestixio dos cataláns irmáns Roca ou do televisivo Jordi Cruz, xurado do programa Master Chef, estiveron os cociñeiros vimianceses presentando os seus singulares pratos castrexos e medievais na inauguración do Fórum Gastronómico Coruña 2014, que onte abría as súas portas.

Ás 11 horas do pasado domingo 23 de febreiro, comezaba no Ateneo de ExpoCoruña a presentación do proxecto vimiancés. O divulgador gastronómico e arqueolóxico Manuel Gago foi o encargado de presentar o proxecto, unha iniciativa que conseguiu unir gastronomía e historia, que contou desde o inicio co asesoramento de dous arqueólogos gastronómicos Víctor Bejega e Eduardo González que velaron pola rigorosidade dos menús castrexos e medievais desmontando falsas ideas preconcebidas, o que fai do proxecto de Vimianzo unha iniciativa única. O cociñeiro Miguel Silvarredonda encargouse de guiar os hostaleiros vimianceses na elaboración dos menús para sacar adiante o proxecto, fixo onte de mestre de cerimonias explicando como foi o proceso de elaboración.

Manuel Gago e Miguel Silvarredonda presentaron Vimianzo no Forum Gastronomico

Os establecimentos vimianceses, os protagonistas

Pero os verdadeiros protagonistas foron os hostaleiros vimianceses que realizaron un “showcooking” en directo, que puideron degustar todos os presentes no Ateneo, onde había unha gran representación vimiancesa que non quixeron perder este acontecemento único. Casa Sabina foi o restaurante encargado de comezar o “showcooking” Jose foi explicando a elaboración dun dos menús castrexos que oferta a carta do seu restaurante, ao tempo que nos fogóns se ía preparando o prato: Crema de trigo con froitos do mar e da terra. O seguinte Restaurante en presentar o seu prato foi O Castillo, neste caso un prato pertencente aos menús medievais, a galiña medieval, que Obdulia foi cociñando a galiña ao tempo que explicaba o proceso de elaboración do prato. Da sobremesa encargouse Esther do Restaurante Pastoriza que elaborou o Follado do bosque do marqués.

Miguel Silvarredonda falou de todos os hostaleiros participantes neste proxecto: cinco restaurantes –Casa Sabina, O Castillo, O Retiro de Barboles, Restaurante Pastoriza e Vía Rápida-, catro bares –Celme Café, Café Bar Regueiro, Casa Landeira e Quilmes- e tres panaderías – Antoxos, Pan Ignacio e Sampedro. Uns hostaleiros que foron os protagoistas tamén das palabras de Guillermo González, xerente do GAC 3 Costa da Morte, que destacou que a unión destes hostaleiros vimianceses e o traballo en común foi o principal motivo que levou a sacar adiante esta ambiciosa iniciativa.

Presencia ata o martes

Posto do proxecto Do mar a terra no Forum Gastronomico

Mais a presenza de Vimianzo no Fórum non remataba aquí, senón que Vimianzo resoará no Fórum ata o peche o vindeiro martes, xa que temos un stand permanente onde se poderán degustar diferentes produtos e coñecer o noso proxecto, mais tamén coñecer a nosa riqueza patrimonial e turística. Unha oportunidade de dar a coñecer o noso concello dada a cantidade de xente que pasa polo Fórum Gastronómico e a repercusión mediática que ten un evento deste alcance.

Familia vimiancesa no Forum Gastronomico

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios