O arqueólogo Tito Concheiro dirixiu os traballos de escavación realizados no pasado mes de abril
Despois do éxito das visitas guiadas ao Castro das Barreiras de Vimianzo polo mesmo Tito Concheiro e unha vez rematada a primeria fase das escavacións desta masestuoxa construcción, o concello de Vimianzo dá unha nova oportunidade de visitar o xacemento da man do director das escavacións. A cita será o próximo sábado, 2 de xuño, ás 12:00 horas. Para asistir é necesario anotarse previamente a través do enderezo electrónico turismo@vimianzo.gal ou nos números de teléfono 981 716 001 - ext 1235 (luns a venres, en horario de mañá). Esta é unha actividade gratuita e limitada a 50 participantes co fin de se desenvolva nas mellores condicións.
As escavacións, impulsadas polo goberno de Vimianzo, realizaronse ao longo do pasado mes de abril. "Deste xeito celebramos o inicio destes traballos que continuarán en campañas sucesivas ampliando o coñecemento deste castro tan singular" sinalan dende o concello de Vimianzo.
Visita institucional
Por outra parte, está previsto que esta mesma mañá - a iso das 12:00 horas - a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o deputado de Patimonio, Xesús Soto, visiten Vimianzo onde se reunirán co alcalde, Manuel Antelo, e posteriormente visitarán o Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín.