Vimianzo organiza unha nova visita guiada ao Castro das Barreiras
08:08 29/05/18
O arqueólogo Tito Concheiro dirixiu os traballos de escavación realizados no pasado mes de abril
Despois do éxito das visitas guiadas ao Castro das Barreiras de Vimianzo polo mesmo Tito Concheiro e unha vez rematada a primeria fase das escavacións desta masestuoxa construcción, o concello de Vimianzo dá unha nova oportunidade de visitar o xacemento da man do director das escavacións. A cita será o próximo sábado, 2 de xuño, ás 12:00 horas. Para asistir é necesario anotarse previamente a través do enderezo electrónico turismo@vimianzo.gal ou nos números de teléfono 981 716 001 - ext 1235 (luns a venres, en horario de mañá). Esta é unha actividade gratuita e limitada a 50 participantes co fin de se desenvolva nas mellores condicións.
As escavacións, impulsadas polo goberno de Vimianzo, realizaronse ao longo do pasado mes de abril. "Deste xeito celebramos o inicio destes traballos que continuarán en campañas sucesivas ampliando o coñecemento deste castro tan singular" sinalan dende o concello de Vimianzo.
Visita institucional
Por outra parte, está previsto que esta mesma mañá - a iso das 12:00 horas - a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o deputado de Patimonio, Xesús Soto, visiten Vimianzo onde se reunirán co alcalde, Manuel Antelo, e posteriormente visitarán o Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín.
Novas relacionadas
- A escavación do Castro das Barreira pecha cun gran achádego metalúrxico
- 13-04-18: Vimianzo abre as súas Barreiras.
- Vimianzo volverá a escavar o Castro de Barreiras
- 2011: O concello de Vimianzo afeita o Castro de Barreiras e agarda o permiso de excavación.
- 2011: Vimianzo presenta un completo programa cultural de outono.
- 25-10-10: Piden a catalogación do Castro de Barreiras como Ben de Interese Cultural.
- 14-10-10: O Castro de Barreiras: o expediente X da arqueoloxía galega.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo