Vimianzo prepara o padal para as Xornadas Gastronómicas
11 de maio de 2015 (08:38 h.)
Xa temos en marcha o novo programa da Primavera Gastronómica de Vimianzo. Media ducia de hostaleiros da zona participaron na presentación das Xornadas, cuns deliciosos pratos de presentación.
Os responsables da Casa Sabina, do Vázquez, o Edreira, o Pastoriza, o Casa Paco e O Castillo presentaron as súas ofertas cos pratos na mesa. Ademais, en clave de sobremesa, tócalles a Sampedro, Pan Ignacio, Antoxos e Chuscake poñer o toque doce, e as copas caerán da man dos pub Mehari, Quilmes, Happy Day, Casa landeira, Regueiro, Celme, A Rúa e o HIlton.
Este ano contan ademais cunha fichaxe de luxo, a empresa de auga do mar Brétema.
Iso si, todos participan nos obradoiros gastronómico-empresariais que artella o Concello.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).