xoves. 08.05.2025
El tiempo

Vimianzo prepara o padal para as Xornadas Gastronómicas

Vimianzo prepara o padal para as Xornadas Gastronómicas
Pratos das Xornadas Gastronomicas de Vimianzo 2015 primavera_gastronomica_2015_Vimianzo

Xa temos en marcha o novo programa da Primavera Gastronómica de Vimianzo. Media ducia de hostaleiros da zona participaron na presentación das Xornadas, cuns deliciosos pratos de presentación.

Os responsables da Casa Sabina, do Vázquez, o Edreira, o Pastoriza, o Casa Paco e O Castillo presentaron as súas ofertas cos pratos na mesa. Ademais, en clave de sobremesa, tócalles a Sampedro, Pan Ignacio, Antoxos e Chuscake poñer o toque doce, e as copas caerán da man dos pub Mehari, Quilmes, Happy Day, Casa landeira, Regueiro, Celme, A Rúa e o HIlton.

Este ano contan ademais cunha fichaxe de luxo, a empresa de auga do mar Brétema.

Iso si, todos participan nos obradoiros gastronómico-empresariais que artella o Concello.

Presentacion das Xornadas Gastronomicas de Vimianzo

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios