Vimianzo segue formando desempregados
Segue funcionando o Plan Integrado de Emprego 2010/2011 do Concello de Vimianzo. A base de cursos para parados, o Concello consegue formar e reciclar á poboación local, para que teña máis oportunidades de entrar no novo e complicado mercado laboral. Dous cursos comezan en breve: un para sacar a Tarxeta da construción e outro para sacar o título de manipulador de alimentos.
“Todo por un emprego”
O Concello de Vimianzo ten previsto organizar unha Aula Permanente en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción para a obtención da Tarxeta Profesional da Construcción (TPC), dentro das actividades do Plan Integrado de Emprego 2010/2011.
A xornada terá lugar o día 9 de decembro as 8.00 na Casa da Cultura de Vimianzo, e a súa duración será de oito horas. O seu obxectivo será proporcionar os usuarios do Plan Integrado de Emprego con experiencia no sector da construcción ou que encamiñen o seu futuro laboral nesta dirección, a formación necesaria en seguridade e saúde para tramitar a Tarxeta Profesional da Construcción.
Esta acreditación será obrigatoria para os traballadores deste sector a partir do 31 de decembro de 2011.
Curso de Manipulador de Alimentos
O Concello de Vimianzo ten previsto organizar o Curso para a obtención do Carné de Manipulador de alimentos, tamén dentro das actividades do Plan Integrado de Emprego 2010/2011.
A xornada terá lugar o día 10 de decembro entre as 18:00 e as 21:00 horas e o seu obxectivo será proporcionar aos usuarios do Plan Integrado de Emprego, cuxa actividade laboral está en relación co contacto directo cos alimentos, a formación necesaria para a obtención do Carné de Manipulador de Alimentos, o cal acredita a súa formación en materia de hixiene alimentaria, necesaria para desempeñar o traballo.
Neste aspecto é necesario apuntar que os certificados de manipulador de alimentos expedidos posteriormente ao ano 2000 non teñen data de caducidade, polo que é útil para calquera persoa que ten interese en traballar neste sector.
Inscrición
Para inscribirse na actividade ou solicitar máis información, contacten con Lucía Santos Lago ou Marta Pereira Bello, Titoras de Inserción e Formación, no teléfono do concello 981 716 001.
Novas relacionadas
- Vimianzo faise intercultural.
- Vimianzo tamén traballa pola alfabetización dixital con cursos de informática para maiores .
- Novos cursos de integración e de conciliación en Vimianzo .
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.