Vimianzo seguirá a contar co servizo de Noitebús polo menos durante 6 meses

O primeiro concello que dá o paso para manter o Noitebús é Vimianzo. E nos congratula unha vez que dende o 1 de xaneiro (coa excepción da ) non funcionará este necesario servizo de transporte nocturno. Así o deciciron os membros da corporación municipal no pleno ordinario do 27 de novembro de 2010, cando o grupo municipal socialista presentou unha moción instando á Xunta de Galicia a manter ese servizo. Xa presentara o BNG unha moción solicitando que se mantivera o servizo, pero ante os oídos da Xunta, a corporación municipal co grupo de goberno á cabeza decidiu, na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado mércores 29 de decembro, que “o propio concello financie este servizo, durante un período de seis meses con posibilidade de unha prórroga posterior”. É esta unha clara “aposta pola seguridade viaria e contribuír á reducción da siniestralidade nas nosas estradas” do goberno vimiancés que debería servir de exemplo para todos os concellos da bisbarra. Hai algún cambio: o prezo varía, e pasa dos 2 euros a 5 euros o billete. Ademais, a ruta de de Caxadas a Vimianzo, que operaba os venres, apenas contaba con usuarios, será suprimida. Manterase pois a outra ruta (de Baíñas a Santa Comba de Xallas, que opera ós sábados), cunha maior afluencia de usuarios.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Grupo Socialista de Vimianzo, da man de José Antonio Miñones Riveiro, alcalde en funcións do Concello de Vimianzo.