Vimianzo viviu unha grandiosa revolta irmandiña
O mes de xullo comezou en Vimianzo coa Ruta dos Pinchos Irmandiños coa participación de quince locais hostaleiros. E as imaxes falaban por sí soas. Durante toda a semana, salvo un dos días nos que a climatoloxía non acompañou tanto, foron moitos veciños e veciñas da zona os que se achegaron ata a vila para facer esta variada ruta gastronómica. "Traballamos moi ben durante toda a semana", dicía unha das participantes.
O éxito da Ruta dos Pinchos anunciaba unha grandiosa festa do Asalto cos seus dous días grandes: o venres e o sábado. Unha vez máis a Cea Medieval do vernes e os concertos foron un novo éxito. E o día grande Vimianzo quedouse pequeno. Aparcadoiros a tope, rúas cheas de xente e de moito ambiente irmandiño e un espectacular festival onde Alana, The Rapants, Herdeiros da Crus, e demáis grupos do cartel, fixeron vibrar a vila. Coma sempre, e xa van 28 anos daquel primeiro festival, o propio Asalto ao Castelo foi o momento álxido da festa.
Longa vida ao Asalto ao Castelo!