A apicultura namora aos veciños de Zas

Continúan os veciños de Zas co seu Cursiño de Apicultura. E esta pasada fin de semana tocou visita, cunha excursión ao museo do mel de Portodemouros (Arzua) en colaboración co Concello.

A pesar de que o bus non contara con aire acondicionado facéndollo pasar mal durante a viaxe, os veciños quedaron encantados coa visita, e seguen desexando convertirse en verdadeiros apicultores.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Braulio García.