Uns 40 membros da coral Xan Mella de Baio uníronse o pasado domingo para celebrar o seu tradicional xantar no Allo
O pasado domingo os membros da coral Xan Mella de Baio celebraron a súa tradicional comida que se enmcarca dentro dos actos do 15º aniversario da entidade. O xantar tivo lugar nunha finca situada no lugar de O Allo, en Zas, e das parrillas encargáronse Luis Pérez e Enrique Mel que cociñaron para case 40 persoas.
Á sobremesa tamén se sumou o novo cura de Baio que non deixou de sumarse á festa cos compoñentes da coral cantando "Catro vellos mariñeiros".
A coral prepara a vindeira actuación que será o próximo sábado na Igrexa de San Juan el Real en Oviedo (Asturias) onde cantará unha misa e posterior concerto convidada pola Coral do Centro Asturiano de Oviedo.
Novas relacionadas