A Coral Xan Mella pechou un completo curso co clásico Memorial Pepe Valiña
Non fallou a cita de Nadal da Coral Xan Mella de Baio. E non fallaron todos eses fieis á música que cada ano enchen a Igrexa Nova para o Memorial Pepe Valiña. Este pasado sábado foi a XIV edición, que serviu para celebrar tres lustros levando as cantigas por toda a xeografía galega, Asturias, León, Madrid e a veciña Portugal.
A cita ademais volvía ser solidaria coa iniciativa "Danos a Lata”. O público colaborou coma nunca e máis de tres caixas de latas e produtos non perecedeiros serán doadas a Cáritas parroquial.>
Foi a canteira a encargada de abrir a velada. O Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña estreaba ponchos de liño vermello agasallo de Carme Riveiro e os Amigos do Liño e confeccionados pola coralista Matilde Lavandeira, que arrincou os aplausos máis fortes da noite sobre todo cunha estupenda interpretación do tema “María Soliña” acompañados ao piano por Martín Romero e á gaita por Pablo Queiro.
Houbo tempo para o lucimento das corais de Luou-Teo e da Coral polifónica de Ferrol “A Magdalena”, sendo xa os anfitrións os encargados de pechar a noite. Coma sempre, os temas popeiros da moderna coral baiesa foton os máis aplaudidos, entre eles o “Chiquitita” de Abba e o “Aleluia” de Leonard Cohen, acompañados polos pianistas Nuria Vilariño e Pablo Queiro.
O peche final, se no Concerto de Nadal de Viena vai a cargo da “Marcha Radetzky”, por Baio teñen a “Katiusha”, que ergue a todo o público a aplaudir e case bailar.
Non rematou a noite sen a “pantagruëlica” cea de pinchos, sempre musicada, desta volta amenizada ademais polo 81 aniversario do coralista Cándido Fuentes.
Novas relacionadas- A Coral Xan Mella de Baio levou o seu repertorio ata Asturias
- A coral Xan Mella celebra a súa tradicional comida
- A Coral Xan Mella ponse de xira polo 15º aniversario
- A gran familia da Coral Xan Mella de Baio cumpliu os seus 10 anos
- A Oviedo coa Coral Xan Mella
- A Xan Mella viviu unha intensa fin de semana.
- A Coral Xan Mella celebra o éxito do Encontro cunha boa cachela de San Xoán.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Coral Xan Mella