sábado. 03.05.2025
El tiempo

A Coral Xan Mella pechou un completo curso co clásico Memorial Pepe Valiña

A Coral Xan Mella pechou un completo curso co clásico Memorial Pepe Valiña
Memorial Pepe Valina da Coral Xan Mella Decembro 2017 Imaxes do Memorial Pepe Valina da Coral Xan Mella

Non fallou a cita de Nadal da Coral Xan Mella de Baio. E non fallaron todos eses fieis á música que cada ano enchen a Igrexa Nova para o Memorial Pepe Valiña. Este pasado sábado foi a XIV edición, que serviu para celebrar tres lustros levando as cantigas por toda a xeografía galega, Asturias, León, Madrid e a veciña Portugal.

A cita ademais volvía ser solidaria coa iniciativa "Danos a Lata”. O público colaborou coma nunca e máis de tres caixas de latas e produtos non perecedeiros serán doadas a Cáritas parroquial.

Foi a canteira a encargada de abrir a velada. O Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña estreaba ponchos de liño vermello agasallo de Carme Riveiro e os Amigos do Liño e confeccionados pola coralista Matilde Lavandeira, que arrincou os aplausos máis fortes da noite sobre todo cunha estupenda interpretación do tema “María Soliña” acompañados ao piano por Martín Romero e á gaita por Pablo Queiro.

Houbo tempo para o lucimento das corais de Luou-Teo e da Coral polifónica de Ferrol “A Magdalena”, sendo xa os anfitrións os encargados de pechar a noite. Coma sempre, os temas popeiros da moderna coral baiesa foton os máis aplaudidos, entre eles o “Chiquitita” de Abba e o “Aleluia” de Leonard Cohen, acompañados polos pianistas Nuria Vilariño e Pablo Queiro.

O peche final, se no Concerto de Nadal de Viena vai a cargo da “Marcha Radetzky”, por Baio teñen a “Katiusha”, que ergue a todo o público a aplaudir e case bailar.

Non rematou a noite sen a “pantagruëlica” cea de pinchos, sempre musicada, desta volta amenizada ademais polo 81 aniversario do coralista Cándido Fuentes.

Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Coral Xan Mella

Comentarios