Abertas as inscricións para o IX Trail da Filloa e para o novo Trainning Camp da Filloa

David Fernández, da AD Monte Brondo, e o alcalde de Zas, Manuel Muíño, e durante a presentación do evento

O Concello de Zas e a Asociación Monte Brondo xa teñen en marcha o IX Trail da Filloa que se celebrará o 1 de febreiro de 2026. Coma sempre, as filloas e o patrimonio serán os protagonistas deste evento deportivo que “é un dos que teñen un maior número de participantes en toda Galicia e que é todo un referente entre os amantes do trail e das andainas”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; durante o acto de presentación do evento que tivo lugar onte no Salón de Plenos da Casa do Concello, xunto con David Fdez, da entidade organizadora.

I Trainning Camp da Filloa

Unha das principais novidades desta novena edición do Trail da Filloa é trae unha actividade complementaria: O I Trainning Camp da Filloa, que se celebrará os días 29 e 30 de novembro en Zas no que as persoas participantes (30 prazas) terá a oportunidade de desfrutar deste deporte ampliando coñecementos e técnicas da man de diferentes expertos.

Durante estas xornadas realizaranse dúas saídas guiadas polos adestradores Rubén Ínsua e Moncho Muíños; unha o sábado e outra o domingo pola mañá. Durante a tarde do sábado haberá diferentes charlas con especialistas en nutrición, podoloxía, fisioterapia e preparación dsica e tamén haberá un espazo para compartir experiencias que nos chegarán da man dos corredores locais José Manuel Santos e José Antonio Rodríguez, Finishers do Tor des Geants 330.

Hai dúas modalidades de participación; unha de 45€, que inclúe as dúas sesións de trail guiado, asistencia ás charlas, comidas e ceas e na que tamén se ofrece a posibilidade de aloxamento. E outra opción, ten un custe de 10€ para as persoas que só desexen asistir ás diferentes charlas
que se celebrarán o sábado á tarde.
As inscricións poden realizarse a través do WhatsApp no número de teléfono 677 11 54 11.

O TRAIL

Ao igual que nas últimas edicións, disputaranse cinco probas diferentes que terán todas o pavillón municipal de Zas como o punto de chegada. Alí haberá filloas e caldo para todos os asistentes e coma sempre habilitaranse diferentes zonas de avituallamento no que se poderán degustar as filloas á pedra, un dos manxares máis coñecidos do noso municipio. Estas son as diferentes probas:

  • Trail Longo: 24 quilómetros
  • Trail curto: 18 quilómetros
  • Trailiño: 13 quilómetros
  • Andaina Longa: 20 quilómetros
  • Andaina curta: 12 quilómetros

Todas as saídas serán ás 09:00 horas con percorridos novos, zonas de aquaplanning e subidas ao Monte Brondo e ao Pico de Meda. No caso das Andainas, a maior parte do percorrido discorrerá pola Ruta da Auga combinando así o deporte coa posta en valor do noso patrimonio natural. O Alcalde aproveitou para recordar que é importante anotarse o antes posible xa que o número de prazas en cada unha das probas é limitado co fin de garantir a seguridade de todos/as parAcipantes. As persoas interesadas xa se poden anotar a través da páxina de empa-t.com.
 

 

Máis novas