“As filloas á pedra son un artículo de luxo”
Tempo de entroido, tempo de cocido, tempo de filloas. Pero “a día de hoxe as filloas a pedra son un artículo de luxo”. Así o recoñece a propia Ana Pereiro, da Asociación de Veciños Barolo, de Loroño (Zas), unha das poucas filloeiras (que fan eventos, porque filloeiras que fan na casa hai moitas) en toda a Costa da Morte.
O que fai é toda unha riqueza gastronómica, etnográfica e patrimonial, como bén foi recoñecido pola Deputación da Coruña levándoa á Feira Xantar en varias ocasións.
Dende pequena veu facer as filloas a pedra ás maiores da parroquia, e xa de maior aprendeulle o seu marido e o seu cuñado a facelas. Se ben leva máis de 25 anos facéndoas na casa, cara o público van máis de 10. “Meu marido e meu cuñado facían as pedras en tempo libre. E para probralass pedras facían eles o omoado, ou como se lle chame”, ri. “Despois fun eu rectificando o “omoado” e máis probando, ata que me pareciu que ese era o sabor perfecto”.
Leva traballando case cada fin de semana dende que comezou a temporada de cocidos. “Iso si, isto é un extra, eu teño o meu traballo e se sae algo a fin de semana, perfecto, que me gusta moito facelas e ademais é un extra, pero vivir disto non se pode”, recoñece.
Algunhas veces son contratadas para levar o equipo completo, e facer o espéctaculo etnográfico en directo, e outras veces encárganlle un feixe de filloas para unha festa. Non adoitan ser tantas como as 2.000 que se zampan no Trail da Filloa de Zas, que por certo, xa ten en marcha a VI edición do trail zaseiro, que será este 26 de febreiro.
”7 pedras dounas controlado ben, pero 8 é máis complicado, non dou feito”. Unha das graves carencias é o relevo xeracional. “Hai pouca xente que se interesa”. A súa filla Noelia axúdalle nos eventos cando ten liberdade, así como unha curmá e unha sobriña.