Un adolescente hospitalizado tras caer dun terceiro piso en Baio
17 de febreiro de 2025 (11:19 h.)
Esta pasada mañá de domingo, arredor das 7:00h, un adolescente sufría unha caída dun terceiro piso a un patio de luces, no centro Baio, no edificio Cristal. Varios particulares alertaban ao 112, que mobilizaba aos bombeiros de Santa Comba, e ao 061-Urxencias Sanitarias.
O menor foi trasladado ao Hospital da Coruña onde permanece ingresado na UCI en estado grave, ao sufrir un traumatismo cranioencefálico.I
Aínda que está considerado un accidente, deuse traslado do ocorrido á Fiscalía ao ser menor de idade.