mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un adolescente hospitalizado tras caer dun terceiro piso en Baio

Baio unha das vilas sen estado da Costa da Morte
Un adolescente hospitalizado tras caer dun terceiro piso en Baio

Esta pasada mañá de domingo, arredor das 7:00h, un adolescente sufría unha caída dun terceiro piso a un patio de luces, no centro Baio, no edificio Cristal. Varios particulares alertaban ao 112, que mobilizaba aos bombeiros de Santa Comba, e ao 061-Urxencias Sanitarias.

O menor foi trasladado ao Hospital da Coruña onde permanece ingresado na UCI en estado grave, ao sufrir un traumatismo cranioencefálico.I

Aínda que está considerado un accidente, deuse traslado do ocorrido á Fiscalía ao ser menor de idade.

Comentarios