O afundimento de Brandomil xa ten o seu documental

O Casino1889 acollía esta pasada fin de semana a proxección da documental “Brandomil, vila romana a carón do Xallas”. Os seus creadores Manuel Rial (Dirección e guión), Paula Vázquez (Son e comunicación, e membro da familia QPC), e Pablo Alvite (Fotografía e montaxe), explicaron os pormenores da creación deste documental promovido pola Fundación Brandomil.

 

Un traballo audiovisual que recolle as lenda do afundimento do castro de Brandomil, e das pezas preciosas agochadas. Tamén fala dos vestixios romanos atopados na zona, con testemuños importantes.


Manuel Rial, Paula Vazquez e Pablo Alvite, creadores do documental Brandomil no Casino