Venres. 29.03.2024
El tiempo

Zas

O documental "Brandomil, vila romana a carón do Xallas" segue percorrendo a Costa

Segue percorrendo a bisbarra o documental “Brandomil, vila romana a carón do Xallas”, realizado pola Fundación Brandomil. Este vindeiro venres 31 de xaneiro ás 20:00 terá lugar unha nova proxección no Casino 1889 de Carballo.
A continuación, os seus creadores Manuel Rial, Paula Vázquez e Pablo Alvite participarán nun coloquio. A entrada é gratuita e libre ata completar aforo.

O documental "Brandomil, vila romana a carón do Xallas", presentado o pasado decembro na propia vila e ante os veciños e veciñas, nace promovido pola Fundación Brandomil para dar a coñecer o gran xacemento romano de Brandomil e a súa posta en valor.
“Conta a lenda que hai moito tempo o antigo Brandomil afundiuse”, baixo este inicio o documental presenta unha colección de entrevistas, realizadas tanto a veciños e veciñas de Brandomil como a arqueólogos, historiadores, xornalista… que comparten diversas historias e opinións de interese sobre o Brandomil romano e a súa importancia.

Novas relacuonadas

O documental "Brandomil, vila romana a carón do Xallas" segue percorrendo a Costa