As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo

Os Quinquilláns encargaranse do espectáculo teatral que será todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas A historia e o teatro son os dous ingredintes básicos do novo proxecto de divulgación que se pon en marcha este domingo nas Torres do Allo. Os Quinquilláns serán os encargados de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun espectáculo teatral gratuito e aberto a todos os públicos no que visitantes e anfitrións percorrán tanto as estancias interiores como as exteriores do pazo onde terán lugar conflictos, contos e diálogos. Estas visitas guiadas teatralizadas repetiranse todos os domingos dos meses de xullo e agosto. A función comeza sempre ás 19:30 horas e terá unha duración aproximada de 35 minutos. O concello de Zas pretende a través deste programa, bautizado como "Pazos da Terra", difundir un dos edificios máis emblemáticos do municipio, as Torres do Allo. Ésta é unha das actividades postas en marcha pola concellería de Cultura dende que o concello xestiona as visitas e a difusión deste monumento turístico. Ademais, ao igual que outros dos monumentos turísticos da Costa da Morte, as Torres do Allo teñen activo até o 15 de setembro o horario de verán. O edificio está aberto aos visitantes de luns a domingo, de 11 a 20 horas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Zas