![Os Quinquillans encargaranse do espectaculo teatral que sera todos os domingos de xullo e agosto as 1930 horas]()
Os Quinquilláns encargaranse do espectáculo teatral que será todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas
A historia e o teatro son os dous ingredintes básicos do novo proxecto de divulgación que se pon en marcha este domingo nas Torres do Allo. Os Quinquilláns serán os encargados de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun
espectáculo teatral gratuito e aberto a todos os públicos no que visitantes e anfitrións percorrán tanto as estancias interiores como as exteriores do pazo onde terán lugar conflictos, contos e diálogos.
Estas visitas guiadas teatralizadas repetiranse
todos os domingos dos meses de xullo e agosto. A función comeza sempre ás
19:30 horas e terá unha duración aproximada de 35 minutos.
O concello de Zas pretende a través deste programa, bautizado como "Pazos da Terra", difundir un dos edificios máis emblemáticos do municipio, as Torres do Allo. Ésta é unha das actividades postas en marcha pola concellería de Cultura dende que
o concello xestiona as visitas e a difusión deste monumento turístico.
Ademais,
ao igual que outros dos monumentos turísticos da Costa da Morte, as Torres do Allo teñen activo até o 15 de setembro o horario de verán. O edificio está aberto aos visitantes de luns a domingo, de 11 a 20 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Zas