Así comeza o legado do agrhú
- QPC: Canto alumnos sodes na clase de Imaxe de Son de 2º de Bacharelato?
Somos oito rapazas bravas que gostamos da asignatura e tamén vimos unha continuidade coa experiencia educativa vivida o ano pasado en Artes Escénicas e Xestión Cultural, na que xa nos iniciamos no mundo do audiovisual e a través da cal participamos en proxectos como os Premios Fouciño cunha "fakenew" sobre o achédego dunha anticetera.
- QPC: Un cartel de 1ª e agora o legado do agrhú! A vosa inxenuidade promete.... Gustaríavos adicarvos a algo relacionado coa xestión cultural e imaxe e son?
Nós non nos sentimos inxenuas, sabemos o traballo que implica a xestión cultural e o esforzo que conleva organizar toda a foliada. A maioría do traballo organizativo faino o alumnado de Xestión Cultural e nós axudamos coa promoción e difusión nas redes. Algunhas de nós queremos adicarnos a profesións relacionadas directamente coa xestión cultural e imaxe e son, e outras consideramos que nos servirá como formación para un futuro.
- QPC: Cal é a parte que máis vos gusta da imaxe e son?
Poder gravar concertos de artistas coñecidas como foi o caso este ano no ciclo “Ao Son Delas”, editar os videos, o audio... Formar parte da Foliada Solidaria deste sábado. Poñer a andar o proxecto de radio bautizado como “ghaliñeiro” e gravar cuñas como as que fixemos para o 8M. Ou mesmo gravar ao alumnado de primaria cantando a canción “Chea de Vida” de Guadi Galego e editalo. Tamén fixemos uns vídeos persoais para youtubeir@s e seguramente fagamos a sorpresa máis agardada dos Premios Fouciño, que non podemos adiantar ;)
- QPC: Resúltavos fácil "liar" aos artistas para os eventos que organizades?
Normalmente as artistas que colaboran con nós están sempre dispostas a axudarnos. Facilitan moito o trato e nalgúns casos, posto que xantamos xuntas para confraternizar, queda unha moi boa relación de amizade.
- QPC: Cales son as principais dificultades coas que vos atopades?
O tempo e a vergoña. O tempo, porque as clases - ainda que productivas - fanse escasas. E a vergoña é o reto máis grande a vencer. A medida que avanzamos nos proxectos sentímonos máis reforzadas e realizadas.
- QPC: Considerades que estades facendo un traballo productivo?
Moito... e a maiores estamos moi orgullosas de nós mesmas. Máis seguimos propoñéndonos novas metas. O traballo por proxectos implica que aprendemos sin ter que estudar sen presións. Apoiámonos no traballo colectivo e aprendemos máis que “chapando” un temario. Así como aprendemos a relacionarnos e aumentar a confianza no grupo respetando a diversidade.
- QPC: A rapazada da vosa idade coñece aos nosos artistas?
Por desgraza a gran maioría non, pero coas actividades que estamos a realizar axuda moito a que aprendan a valorar a calidade das artistas e dos artistas de Galiza. [fbvideo link="https://www.facebook.com/isabel.risco/videos/pcb.10157161084701102/10157161083211102/?type=3&theater" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
- Unha macroFoliada Solidaria en clave de muller para axudar aos refuxiados
- Elas que convirten a tradición en modernidade.
- A Costa da Morte, epicentro do relevo xeracional da regueifa, esa inmensa arma de construción masiva”.
- Baio móvese “ao son delas”.
- Guadi Galego abre o ciclo de encontros con mulleres relevantes que pon en marcha o alumnado do IES de Baio
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).