Os bioindicadores constatan a boa calidade do río Grande ao seu paso por Baio
Esta fin de semana púxose en marcha en Baio a nova campaña de voluntariado ambiental #SúmateáCorrente da Asociación Ecoloxista ADEGA que se inclúe dentro do emblemático Proxecto Ríos. Foi unha xornada de portas abertas, organizada pola entidade ecoloxista xunto co Concello de Zas, que se desenvolveu ao longo na contorna da Carballeira de Baio, e que serviu para analizar o estao de saío do Río do Porto, o río Grande como se lle coñece en Baio.
Acompañados dun grupo de veciños e veciñas, os técnicos de ADEGA analizaron a calidade das augas do río no tramo comprendido entre a Praza Jorge Mira Pérez e a Carballeira de Baio. Durante a xornada identificouse a flora típica de ribeira, onde hai unha alta presenza de especies autóctonoas; analizouse a calidade psico-química da auga e realizouse o índice de macroinvertebrados. Como resultado, todos estes valores “constatan a boa calidade das augas”.
Segundo indicaron os técnicos, as diferentes especies detectadas son uns claros bioindicadores das augas. Durante a xornada detectáronse catro, cando o habitual son tres, familias de insectos acuáticos usadas como marcadores da calidade das augas pola súa sensibilidade á contaminación.
Segundo indica o Alcalde, Manuel Muíño, que tamén asistíu á xornada medíronse outros valores químicos como o pH, o oxíseno, os nitratos e a temperatura da auga nos que se obtivo uns niveis óptimos. O programa continúa grazas ao compromiso de dúas voluntarias ambientais que recollerán de forma periódica distitas medicións co fin de analizar a saúde das augas.
Ao inicio da xornada, os técnicos de ADEGA explicaron todas as acAvidades e obxectivos do emblemático Proxecto Ríos que busca unir ríos e persoas.