Os Bombeiros de Santa Comba sufocan un incendio dun vehículo en Baio

Apenas un días despois do incendio que calcinou 3 vehículos en Quilmas, un suceso semellante acontecía na pasada noite do xoves ao venres. Foi arredor das 3:00h da madrugada cando o 112 avisaba ao Bombeiros de Santa comba, que arrincou cara Baio cunha cuadrilla de incendios forestais e unha motobomba forestal.

Era un incendio nun vehículo que resultou completamente calcinado e afectou a unha pequena parte de monte.