A cativada de Zas espera ao Apalpador

A parroquia de Carreira, Zas, recibirá ao Apalpador o día 29, cando o carboeiro, na súa viaxe dende o Courel, desenvolva a etapa que o leva dende Coristanco ate Carreira.

Os Espías do Bosque de Senda Nova serán os encargados de facerlle o recibimento á súa chegada a Carreira dende o monte de Pico de Meda.