O Apalpador non perde o Inverno Ancestral de Senda Nova para recuperar o patrimonio inmaterial

Vén de presentar a entidade Senda Nova o seu singular programa de Nadal, sempre vinculado co patrimonio natural e inmaterial da nosa comarca, e intentando fomentar un nadal de pouco consumo e moi natureiro.
Un programa que ten ao Apaplador como protagonista, pois nestas semanas previas, fará varias visitas ás escolas unitarias da bisbarra da CRA Nosa señora do Faro e CRA Ponte da Pedra, no marco do proxecto Espías do Bosque.
Ademais, o día 29 de decembro volve o Apalpador a Carreira, aos pés de pico de Meda e acollidos no local da Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira, no marco do proxecto Espías do Bosque e en colaboración coa Deputación. A partires das 17 h. haberá obradoiros de coñecemento de especies de árbores autóctonas para os máis novos e tamén a visita guiada pola aldea e polo propio Museo do Liño da entidade veciñal.
OBRADOIRO DE PEGADAS E INDICIOS
O vindeiro día 21 de decembro celebrarán o tradicional Obradoiro de Pegadas e Indicios que, desta volta e grazas á colaboración da entidade Veciños polo Rural, celebrarase moi cerquiña do Bosque da Ribeira da Pena.
Hai que reservar praza, de balde, en [email protected] ou no 611037617.
CONVERSAS DO RURAL para xaneiro
A xeira de faladoiros volve a Oza a través de cinco propostas interesantes, que se celebrarán ás 19:00h no Espazo de Natureza de Oza
- O 10 de xaneiro Jose Puñal Ribeiro falará sobre as súas memorias, as dun dos avós labregos da a aldea carballesa de Cernide.
- O 18 de xaneiro Roberto Vilela e Manuel Ruibal, activistas pertencen ás entidades Ecoloxistas en Acción e Veciños polo Rural, achegarán o seu traballo de busqueda e estudo das brañas e a súa importancia dende os primeiros asentamentos humanos.
- O 8 de febreiro Juan J. Santos e J. Luciano Villlar informará da labor da entidade compostelá Conxo Aberto.
- O 15 de febreiro Jose M. Queijas e Jose A. Liñares, da Asociación Galega das Castañas e Soutos levarán contidos sobre a plantación de castiñeiros.
- O 21 de febreiro Cosme Damián Romay, biólogo e membro do GN Hábitat, afondará na problemática do eucalipto nos nosos montes.